COMPAÑEIRA ISAURA

 

Compañeira Isaura, coincide este momento en que me paro a pensar en ti, coa proximidade da exaltación da muller o oito de marzo.

Ti, muller poetisa, que sabes fiar versos entrañables cos que nos levas a rememorar costumes e trafegos dos nosos antergos.

Noutros versos denuncias inxustizas, a dor que as drogas causan, ou escribes palabras de alento para animarnos a albiscar un sol agochado entre nubes enchidas de desánimo.

Por riba, mentres o xantar que cociñas vai quecendo a fogo lento,

Ti compañeira, dáslle unha sorte de aviar a túa memoria para logo deleitarnos cun recitado de poemas que soan a gloria, ao igual que a túa voz na Coral San Estaban.

E que dicir ten ese orgullo de nai e ese orgullo de familia.

Dende aquí desexo todas as bendicións para o voso fogar, e que nel gocedes de moitas primaveras.

Compañeira do grupo Brétema, sempre me sentín apreciada e valorada por ti, e isto e coma un bálsamo que cicatriza feridas.

O mesmo quixera ser eu para ti, por isto e polo poder que os meus versos me outorgan, eu Elisabeth, elíxoche a Gran Muller do 2023.

 

Rosa María Vázquez Romay

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.