A GALICIA QUE TODOS DESEXAMOS

 

Mira a vila galega coma chora,

bañada en bagoas de tristura,

sen recibir a esmorga

que lle da a cultura.

 

Xa somos moitos na nosa loita

buscando a orixe do noso pobo,

sen que españa se sinta rota

mentres defendemos o noso.

 

A unión de todos, fai forza,

e queremos que brille a nosa estrela,

co noso falar que nos honra

na nosa entrañable terra.

 

Eu son galego! E ti que me dis?

asi a todo manteño os meus fueros,

coa forza das miñas raices

que loitan nos nosos peitos.

 

Tamen son español e europeo,

podemos decir veciño do mundo,

de onde naceron os meus ancestros

sendo para min, ese grande orgullo.

 

Non temas! Non son radical

sinxelamente alguen desta terra

a que sempre amará.

 

Non importa onde nacemos

sexa cal sexa o lugar,

pero as raices son o exemplo,

dende o berce da terra nai.

 

Quen non soña cos amañeceres,

con eses horizontes cheos de vida,

onde os recordos sempre nos lembren,

os cantares da nosa Galicia.

 

Meus pais, teus pais e veciños,

xente do campo e cidade,

aqueles que alimentaron os mitos

entre montañas e vales.

 

Non me digas mais!

a morriña nace lexos dos lares,

dende a terra de Breogan

que non deixa de recordarche.

 

E a gaita, esa que chora aloumiños,

a que che canta panxoliñas de amor,

con esa lirica dos meniños

que falan do pobo e de nos.

 

Se coma somos todos,

veciños do mundo enteiro,

pero arrastramos os logros

do fogar do mariñeiro.

 

Que mais da onde naceches

se a sirea nos arrula cantando

e se cada amañecer nos enche

a fartura nos canastros.

 

Peixe, millo e cultura

o bo facer do noso pobo,

as meigas na noite de lua

con esa luz nos nosos fornos.

 

Meigallos nas encrucilladas,

todo aquelo que nunca morre,

a cultura das nosas almas

neses escritores de renombre.

 

Galicia non dorme nunca

Sinxelamente as veces descansa,

espertando coa fermosura

de un amañecer de esperanza.

 

Deixa que se espida de amor,

que trace un sorriso ao futuro,

xa que dicen, que aqui se imspirou Deus

e de ese soño naceu o mundo.

 

Se sintes ledicia, mira para o seu peirado,

e todo che parecera o paraiso,

nesta terra de encanto

onde comenza o camiño.

 

Amante Romero Álvarez

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.