ESPAZOS ESPECIAIS
As librarías a primeira hora
onde admiras ao seu autor
e a súa obra.
As panadeiras, as sete da maña,
onde aprecias o recendo a pan.
As herboristarías, a media tarde,
onde as esencias, son esenciais.
As froitaría, con verduras arranxadas,
plátanos, limóns, laranxas...
As floreiras, con feitura e cores
das fermosas flores.
As papelarías, onde si puideses
moito mercarías, bolígrafos,
libretas, folios, axendas...
Espazos especiais, onde senón podes
comprar, sempre tes opción de admirar.
Sendeiros ao carón do río
con moitos atractivos.
Traias primorosas,
consecuencias fermosas.
Camiños do monte apracibles
onde a perfección percibes.
Amplitude do aire,
experto en liberdade.
Un centro de formación
que fai o mundo mellor.
Rosa Martínez Méndez
Grupo Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"