PERDÓN
Cando un escritor, escribe
non quere dicir que teña razón,
simplemente define a súa conclusión,
as veces realidade, outras ficción.
Pedimos perdón,
pola nosa equivocación,
impoñendo a nosa versión
sen mala intención.
Rectificar e de sabios,
recoñecer o noso erro,
corrixir os fallos,
castigar o medo.
Censurar as faltas de ortografía,
feitos con ignorancia,
reparar con valentía,
o orgullo de arrogancia.
Criticas impulsivas,
con razón a escondidas,
obsesións definidas
que magoan outras vidas.
Rosa Martínez Méndez
Grupo Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"