CANDO TOCA UNHA GAITA

 

Cando toca unha gaita,

choran os sentimentos,

e cantan alegres os galegos,

porque Galicia esperta

do seu mesturado enredo.

 

Gaita, gaitiña miña,

ti tes moitas quimeras,

moitas penas e ledicias,

leva ti no inchado fol

para cantarlle a Galicia.

 

A gaita ben tocada,

sinte arumes de muller,

quen non quere escoitala gaita,

non sabe o que e querer

a muller que tanto ama.

 

Anselmo Prada León

Grupo Poético Brétema
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.