FUN POLOS CARREIROS

 

Eu fun polos carreiros antigos,

pola veira de esquecidos regatos,

por ver se encontraba os versos que chorei

nas pisadas dos meus pes descalzos.

 

Versos color dos soutos verdes

ou pardos coma terra bendita

que meus avós labraron;

nacidos nunha alma inocente

có frescor dos pobos baldíos

e que balaron na soidade da aldea

do Beade soleado, cercado monte;

no silencio dos míseros camiños

ou polos vals e vagantas

a sombra de espesos millos.

 

Oín cantar un cuco

voando polos pinos lixeiro,

os seríns piar entre as viñas,

e na sombra de folgados canavais

onde fan o niño as lavandeiras,

e onde as herbas abundantes

tapan os antigos carreiros;

tamén oín cantar coma antes

as ras nos frescos lagoeiros.

 

Pero... ¡Ai...! aqueles versos

de remotos sentimentos,

non os topei nos campos

nin nos torcidos carreiros;

nin pousados nos fentos mortos

nin nos dormentes salgueiros,

porque so andaron comigo

-¡Ai..., naqueles tempos...!

no meu infantil pensamento.

 

Xosé Crespo Abalde

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.