ESBOZOS
Apuntes de proxectos a realizar,
idea dunha obra para representar,
ensaio indeciso,
abandonado a medio camiño.
Esbozo quebradizo,
por falta de cariño,
pinceladas esvaecidas
de cadros sen rematar.
Borrador sen borrar,
canción a medio cantar,
esquemas sen corrixir,
debuxos sen perfilar.
Soños por existir,
ilusións a realizar,
releves indefinidos,
trazos aleatorios.
Alivio dos sentidos,
claridade de repertorios,
esbozos que están esperando,
a pasar a primeiro plano,
volver a telo encantado
da beleza de antano.
Rosa Martínez Méndez
Grupo Poético Brétema


No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"