MEU SOL
O sol que tes nos ollos
da bandeira que non podes tapar.
Ese soño que non paras de soñar
co lume da imaxinación.
O sol que tes nos ollos,
do camiño que me ten que levar
ao mundo das marabillas
preto das beiras do Sar.
O lume do teu corazón
que reflexa a cor vermella,
o que xa é pasado
coma as metáforas de Antonio Machado.
A última estrofa vai destinada
a esa pedra do camiño
que fai que tropece,
pero aínda lle teño cariño.
O camiño ó espazo,
é un camiño sen fin,
a dor que sinto,
síntoo por ti.
A alcachofa do meu interior,
busca o teu amor.
Aínda que non o comprendas,
eu sinto moita dor.
Gaivotas!, perexil!, Auga!
Toda esta dor que me causas
ten claro que nunca vaime a frear.
Gaivotas!, perexil!, Auga!
Álejandro de Miguel
(Colaborador del Grupo
Poético Brétema)


No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"