QUE TERA O NADAL

 

 Que terá o Nadal

o cambio e de verdade,

a xente na rúa dáse apertas

deséxanse moitas felicidades,

levan na faciana tanta ledicia

que é contaxioso.

Miras con outros ollos o mundo

e todo mais fermoso,

eu quixera o misterio saber,

os que a coito son malos

trocan e queren o ben facer.

Debe ser foi nado o neno de Deus

que inflúe en nos o seu nacer,

nesta noite de Nadal,

con unhas conchiñas

ou cantarlle panxoliñas

o meniño do portal.

 

Candela Fernández Mouriño

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.