LEMBRANZAS DE VALENCIA

 

Tiña eu saudade  de azuis,

de acentos distintos

de  horizontes amplos.

 

Tiña eu cálidas lembranzas

de  rúas antigas

con cristián legado

no seu nome: A rúa S. Xosé, a praza do Carme...

 

Recréome  na memoria

de vivencias compartidas

cunha chica valencia.

Lembro a súa cara, o seu sorriso,

e  ata os seus andares.

a súas frechas apuntaban  alto

como o seu signo, Saxitario.

O seu nome...? Carme..?

 

Foi en  Calas Covas (Menorca)

buscándonos  a vida

para custear

o noso sinxelo día a  día.

 

No camiño  atopou  un “Lover” inglés

e a Córcega marchamos os tres.

Alí xa foi outro cantar,

sen  traballo e sen fogar.

 

E como xa te contei, Paco

tamén foi en Valencia

o meu ádeos definitivo ao  tabaco.

 

Naquela casa de naturistas

estábache  prohibido fumar

e nin curta nin preguiceira

a  ocasión quixen aproveitar.

 

Despedinme dos pitillos

do meu paquete “Fortuna”

guindei os que alí quedaban

sen sentir mágoa ningunha.

Estaba mentalizada.

 

En Valencia coñecín  un home moreno

en circunstancias que non deixaron

poso en min, mais

a súa  honesta actitude

o seu elegante saber estar

iso si quedou anotado

no HABER dos meus bos recordos.

 

Pasaron os anos,

para  a cidade vella e para min.

e naceron novos espazos

para as artes, as ciencias, a música...

ou para degustar  unha  fresca orchata de chufas.

 

Rosa María Romay

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.