O XUGO ROTO

 

Rompe ese xugo de madeira

dura de carballo

e sacude as pesadas cadeas

de tanto propio engano.

E cando esmiuzadas

no chan as vexas,

fuxe lixeiro as alturas

e mira as novas vereas.

 

Deixa alí que o teu peito

do limpo aire se encha,

e os teus ollos raiantes de gozo

reciban o frescor das cumes sans

e os novos horizontes vexan.

 

Pero non te quedes compracido

mirando baixo o xugo roto

e rotas as cadeas,

non sexa que outro xugo mais sutil

domine a túa alma peregrina

por esa vana compracencia,

e quede, aínda no cume, malograda

a túa liberdade verdadeira.

 

Xosé Crespo Abalde

Grupo Poético Brétema

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.