ABRIL

 

Abril ven de abrir,

en abril augas mil,

tamén loce o sol

cando se quenta a auga da choiva

sae o arco da vella con sete relucentes cores,

que alumean o ceo cos seus resplandores,

as cores son: vermello, rosa,

verde, morado, amarelo, azul

e alaranxado.

Xogando de raparigas,

cantabamos esta cantiga,

“arco da vella vaite dei

que as nenas bonitas non son para ti”

cando  chovía saiamos a mollarnos

anque nos berraran,

colliamos a auga coas mans

e lavabamos a faciana,

pois moito nos gustaba.

 

Candela Fernández Mouriño

Grupo Poético Brétema

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.