MEU AMOR
Conquisteite nunha festa,
cruzouse a nosa mirada,
comezamos a bailar
coas caras achegadas,
mais co ritmo da orquestra
foi crecendo a confianza,
acariciei túa orella
cos meus beizos, docemente.
Con aquelas melodías
nosos corpos se achegaron
e comprobei no meu peito
latexos do teu corazón.
Nos sentamos no peirao
contemplando o mar de Vigo
falando do noso amor
ao compás de aquel murmurio
das ondas que van e veñen
e danlle bicos a area,
pero eses non che saben
como os da miña boca.
Por fin chegou o gran día
daquel acontecemento
a data tan desexada,
a do noso casamento.
E despois de moitos anos
dunha feliz convivencia
nun mal dia nos berramos
por unha simple parvada.
Algún tempo os dous con morros
mais chegou a solución
facendo eu a reconquista
con un moi ardente bico
que agradeceu moi leda
rematando aquel anoxo.
Mariano Marcos Abalo
Grupo Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"