¡ÉRGUETE!

¡Érguete Galicia!, estrela florida
da ibérica península.
¡Érguete e borra eses laios
que fan de ti unha ferida!

Ti non es bágoa nin lamento,
nin cuncha perdida,
no tenebroso océano.

Ti non es berro, nin choro,
nin asoballo esfolado
de tarabela ó vento.

Es o horizonte, a carballeira,
a montaña, a praia tranquila;
es o recuncho verdoso,
o regueiro agarimoso,
de auga cristalina.

Das túas xentes e teu pobo,
os poetas fan xénicas;
só é un pobo coma outros pobos,
onde hai mágoas e ledicias.

¡Érguete, Galicia,
ti non es bágoa estremecida;
érguete, que si outros pobos te viran
envexa lles darías! 

Quita o pano negro e o loito
que por mortalla che puxeron,
devólvello aos cadaleitos perdidos
que na historia te envolveron.

¡Érguete Galicia
que eu vivo no teu erguemento!
¡Estou orgulloso de ti,
e máis aínda...
de ser GALEGO!

Alonso Rodríguez Galego
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.