EICHE CONTAR

¡Eiche cantar miña raíña...
un cantar da miña terra...!
Que fale de fadas fermosas,
que fale de noites
de claro luar,
que fale tamén dun embruxo
para ter sorte.

¡Eu che ei de namorar
que fale, que siga falando,
esa cantiga cantareira...!

Mentres tanto ti a escoitas...
escoitando...
e coa mesma, vaste de min
namorando.

Deixa...
Escoita... e que siga falando
a cantiga..., para ti adicada
¡Mágoa que eu non a cante,
magoa que eu
non sei cantala!

Eu so canto co corazón
e devólvoche en sorrisos
para ti miña raíña...

¡Para ti miña doce namorada!
ao son dunha vella gaita,
ao son a toca o gaiteiro!

Esta cantiga fermosa
vai para ti miña prenda,
miña alma, miña rosa,
co fin de namorarte,
co fin de conquistarte
xa dunha vez por todas.
Eiche cantar miña raíña,
¡Un cantar da miña terra!

Consuelo María Conde Feijoo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.