SENTADIÑA

Sentadiña no salón vexo tódolos
días pola xanela o solpor,
esta rematando a primavera
gocemos dun dia apracible
con ventos suaves sen moito calor
os días vanse alongando cada vez mais
ata chegar ao mes de xullo que comezan
a minguar, cando se esconde o sol
na baia queda o ceo da cor amárela,
resplandecente.

Todo é harmonía e quietude no ambiente,
o mar está en calma a auga
asemella un espello na ría,
xa o manto da noite chega
e remata o dia.

Saíu o primeiro luceiro da noite
que no ceo escintila,
parece de prata pois moito escintila,
canta poesía hai no ceo e no mar,
canto romanticismo que non podo calar.

Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.