FELIZ BICENTENARIO, VIGO

Feliz bicentenario, Vigo
meu querido estas de aniversario,
o Vigo mariñeiro
desenrolou pola ribeira,
tamén o axudou na conserva
xente estranxeira,
no século pasado había
toda clase de peixes
que os mariñeiros ían a pescar,
o mais abundante era a sardiña,
foi o que os fixo medrar.

Hai un século que a estampa
do Berbes era moi diferente,
o convento de San Francisco,
era moi solidario coa xente,
no seu valado batía moito o mar,
na parte alta non había casas
só árbores e leiras para cultivar,
os monxes sementaban os campos
para o seu alimento acadar,
todo cambiou hoxe en día,
pero segue sendo a mais
fermosa baia.

Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.