PRANTO
Ollo,
Patria a túa aflición
e escoito
o triste balbordo,
que
forman tocando a morto,
armas no
noso temor
e vexo
pobos irmáns,
erguer
mil berros de ¡abonda!
Portugal,
Australia, Holanda,
pero
Ibérica non resoa.
Vemos
nosos lusitanos
a
protestar polas rúas;
grandes
manifestacións,
en
Iberia, vense algunhas?
Qué pasa?
por qué durmimos?
Onde está
o noso xenio?
ou é que
a forza se vai
co raio
do Xacobeo?
Qué é
primeiro a vida humana
ou o
culto a Prisciliano,
que nos
dá tanto trasfego?
E qué a
nosa xente dorme?
Non
escoita o clamor,
que non
vén dende o temor
nun
amargo desespero?
É máis
importante, logo,
o Celta
ou calquera torneo,
que a
vida dos irmáns
exterminados
arreo?
Pouco
podemos facer
para
intervir, iso creo,
pero
podemos berrar
e non o
estamos facendo.
Se o
goberno non o fai,
e vende
armas a Indonesia,
podémosllo
reprochar,
e cesará
nosa amnesia.
Manolo de Rinlo
Grupo Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"