MIÑA BARCA QUERIDA
Barca
querida,
barca
nostálxica,
cantos
anos pasamos xuntas,
para
min eras coma unha irmán.
Cando
comezaba a saír a lúa,
eu
buscábate
e as
dúas xuntas saiamos
ata
a maña.
Alí
no medio de altamar,
iamos
de pesca
mentres
as estrelas
titilaban
e en ese silencio e espera,
mentres
eu os meus segredos che contaba,
ti
sempre me escoitabas.
Falaba
contigo
inda
que non contestaras,
pero
sabia que me entendías,
que
un pouquiño de alma
tiñas
gardada.
Cantos
sorrisos e bagoas
ao
teu carón botei,
pero
ti sempre me arroupabas,
contigo
podía contar
cando
algo me pasaba,
ti o
segredo sabias gardar,
eras
incondicional,
unha
irmán e amiga,
coma
ninguén pode imaxinar.
Teu
corazón de madeira,
pero
hai estaba e latexaba de verdade,
eu o
podía escoitar.
Pasou
o tempo para ti e para min,
ti
fuches avellentando
e do
porto non podías saír,
eu
fíxenme maior,
a
pecar non podía ir.
Que
tristura sentía o meu corazón,
cando
pasaba por alí
mirábate
no porto tan soia,
tan
triste sen min.
Dígoche
unha cousa,
virei
a visitarte sempre que poida,
pois
ti segues sendo unha
irmán
para min.
Contareiche
de novo os meus segredos,
as
miñas cousas,
e ti
mos gardaras outra vez.
Así
estaremos de novo xuntas,
aínda
que de día esta vez,
unha
cousa esta clara,
e
que ti nin eu
non
poderemos esquecer,
nin
separar, so nos pode
separar
a morte
e
esa o fará para sempre e de verdade.
Milagres Ferrer García
Grupo Poético Brétema
(3º premio de poesía 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"