BÁGOAS

Hai bágoas que cheiran a impotencia.
Bágoas que cortan,
coma coitelos…
E bágoas que se alugan
por un puñado de pesos.

Hai bágoas que se fan anacos nun intre,
Bágoas baleira que remexen o silencio,
e bágoas que se mesturan
entre verbas de morriña.

Hai bágoas preñadas de paciencia
na casa das meigas,
e bágoas que cospen aturuxos
no lume das tebras.

Hai homes que choran lembranzas,
e homes que se afogan
nun mar de cadaleitos esquecidos.

Hai homes brancos,
e tamén homes negros…

-Eu non quero miña nai,
ser branco nin negro,
nin quero ser bágoa, nin ser coitelo.

Eu quero ser home querendo ser neno!
Eu quero ser arbore xogando no tempo!
E ser andoriña, voando no vento.

Manuel Olveira Hortas

Grupo Poético Brétema

1 comentario:

Gloria Teiga dijo...

Siempre hay que recordarlo con esa alegria que el mis mo infundia. Saludos Magali

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.