A DORNA
Dorna celta mariñeira,
xa non te vexo no muelle,
no muelle da miña Puebla
Poucas quedan, se hai algunhas,
que morrerán de contado
cando lles falten as mans.
As mans duras e con callos
que dirixen o teu rumbo
co aqueles remos de pau
De pau tamén tes o casco
que vai brincando na escuma
do verde mar desta ria
Desta ria tan fermosa,
coas suas velas cuadradas
brancas coma unhas gaivotas
Gaivotas de patas negras
esbarando p'olas augas
coma por pista xelada
Xelada me queda a ialma
o ver'co longo da costa
as dornas non teñen vela
Vela branca, branca vela,
vaste quedando na historia
polo motor "fuera-borda"
O motor "fuera de borda"
dache forza, miña dorna
mais derrama a tua beleza
Dorna celta mariñeira,
xa non te vexo no muelle,
no muelle da miña Puebla
Mariano Marcos Abalo
2 comentarios:
Ya era hora, Mariano de que pudieramos disfrutar de tus estupenos trabajos. Gracias por venir a deleitarnos. Ceneme
Bonita poesia y bonita Tierra de grandes poetas,un abrazo
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"