A VACA MARELA

A VACA MARELA

 

Hoxe quérolle cantar,

como Castelao fixera,

á nosa ama de cría,

nosa vaquiña marela.

 

Ti que nos viches nacer,

na casa coma tenreira,

e díchenos co teu bafo,

quentura na inverneira:

leite para nos criar,

e facer unha peseta,

vendéndolla ós veciños

e, máis adiante, ás empresas.

 

Que nos axudas co arado,

na inmensidade das leiras,

e co carro dende o monte,

carrexáchesnos a leña.

Sacrificada e pácente,

mansa, da cor da canela,

ti mereces nosos cantos,

vaquiña, vaca marela.

 

Ti paces no verde mol,

ti tiras pola rabela

do arado semiador;

eres nosa compañeira.

 

Eres mansa e celmosa,

eres doce, eres tenra,

es orgullo da Galicia,

nosa raza verdadeira.

Lémbrome, con agarimo,

cando ía contigo á leira,

contigo pasaba as horas

coidando da túa mantenza.

 

Manolo de Rinlo

1 comentario:

Anónimo dijo...

Manolo, moi b0 poema hacia esa sacrificada vaca marela que sempre achudou sen protestar coas tarefas mais ingratas.Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.