SAUDADE
"La guardia civil captura al peligroso
delincuente Plácido Martínez, dos veces
fugado de la cárcel de Vigo. Había escapado
a Brasil, pero la nostalgia le hizo volver a su tierra."
(Faro de Vigo,29 de setembro de 1892)
Eu mireite, Plácido Martínez, eu mireite
nun pesadelo que tiven
xa fai moitos anos
cando era neno.
Viñas con pantalón de pana
marrón e raiado,
a camisa arremangada
e a gorra de medio lado.
Rubías pola rúa do Cristo,
no Calvario,
cos zapatóns poeirentos
e o rostro barbuzán e curtido.
Eu mireite, Plácido Martínez, eu mireite
cando ías preso e ben escoltado
por dous gardas civís,
un dediante e outro detrás,
con mosquetóns ben montados.
Levábante por bandido
cos pulsos nos cadrís
e ben esposado
despois de fuxires por dúas veces
do cárcere de Vigo
e téreste liscado
para o Brasil.
Pero alá a saudade da terra
roíache nos adentros
e non te deixaba vivir
porque a alma,
os pensamentos
e as vivencias
quedáranche aquí.
Entón regresaches
doente e ferido
e de novo colleute
a Garda Civil.
Ti, malfeitor destemido,
que retornaches a gaiola
para que o meigallo galego
non che fixera máis dano
ao ter sempre máis preto de ti
os teus amores e os teus soños
coas mociñas feiticeiras
de falares garimosos,
e o verde das montañas e as campías
de que estaban feitos os teus ollos,
e ao sentir os encantos
das carballeiras que fungan
rechouchíos de paxaros.
Eu mireite, Plácido Martínez, eu mireite
nun pesadelo que tiven
xa fai moitos anos
cando era neno.
Pero agora éche cando me decato
de que volviches a Galicia
porque tiñas moito medo
de morrer lonxe da terra...
de morrer lonxe de ti mesmo.
Serxio López-Corona
6 comentarios:
Embriagador poema cheo dun fondo contido social. Case se pode sentir ese intre do paso do preso escoltado pola Garda Civil. A morriña e quizais o noso sentimento mais fondo.
Querido Poeta me dejas el corazón triste por tanta amargura no solo en tus sueños si no en las vivencias de un inocente niño.
Si no fuera por el dramatismo del mismo, podría decirse que la situación es para reírse, regresa y lo pillan. A otros, hoy en día, hay que ir a buscarlos no vienen. Un buen poema que refleja la situación social de una época y que marca una realidad que nos diferencia, el amor al terruño, a la tierra, a la morriña por volver.
Los gallegos fueron siempre un pueblo de hondas raíces. Sus emigrantes, sus gentes, nunca se olvidaron de su tierra. El ejemplo mas claro lo tenemos en una de nuestras poetisas más insignes: Rosalía de Castro, que así lo tiene reflejado en sus poemas. La "morriña", el amor a la tierra. Eso es Galicia y eso son sus gentes. Magnifico el poema, que refleja con maestría y profundidad, un sentimiento muy arraigado.
Sergio, cuanto gallego suelto por el mundo adelante con la nostalgia a cuestas de volver algún día a la tierra que lo vió nacer. Dichoso aquél que pueda volver a morir en su tierra. Ceneme
Maravilloso canto a la morriña. Estuve en Suiza durante más de 12 años y el apego a la tierra se deja sentir con gran fuerza. Lloraba cuando escuchábamos el sonido de las gaitas.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"