BRÉTEMA

BRÉTEMA

 

Non a das mañás preguiceiras,

a outra,

a de pementa

verde,

a de pementa vermella,

que nos fai

saír ás sete cores.

Eros brincando

por entre

as infinitas

estrelas,

de noites sen fin.

 

A das espadas invisibles

que desexarían

cortar a inxustiza,

eso e moito máis

é a nosa Brétema.

 

Margarita Agulló

(Terceira Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.