¿QUE FOI?
¿Que foi da frecha
que cruzou o meu corazón
cando ti pasaches por alí?
¿Que foi daquela rara sensación,
de ganas de fuxir
cando ollabas cara a min?
¿Que foi dese formigueo
que percorreu as miñas veas
o saber que ti falabas de min?
¿Que foi?, non o sei...
foi o amor que cruzou
como unha frecha ardente,
polos nosos corazóns
ata que sigamos
``OS DOUS´´.
Lara (12 años)
Grupo Poético Brétema)





