A MIÑA CADELA
Teño un pequeno can e con el imos a pasear,
mostra alegría cando lle da ao rabo
e ladra cando avisa que algo esta a pasar.
A súa pequena mirada quere dicir o que pasa,
parece que che fala acercándose a min,
compañía non me falta sígueme non
quere quedar soa.
So nomeala ai che ven obediente achegase
a miña veira e sóbese e dáme moito cariño,
e unha cadela fermosa pequena e agarimosa,
e unha cadela fiel non me abandona.
Ela corre e xoga dáme alegría sempre,
protexe miña tristura e ven a alégrame
co seu amor incondicional que
sempre desprende.
Estou feliz co meu canciño,
ela chamase Noa, cadeliña amorosa,
xa ten lugar no corazón
o seu amor me transmite.
Tenme conquistada a miña nobre Noa,
quero esta cadeliña que coida miña calma,
isto de ter mascota cámbiache a vida
compartes amor un mais na miña vida.
María Teresa López Bastos
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"