O MEU MONTE
Os montes galegos estanme a chamar,
os montes galegos estanme falar,
meniña, non deixes me volvan queimar,
meniña, non deixes me fagan chorar.
Chorei cando te vin tan todo ardidiño,
chorei cando te vin tan ennegrecido,
chorei e afoguei na almofada,
ollábate e morría, morría e morro
cando te vexo tan feridiño.
Pártenseme as pernas, párteseme a alma,
non teño palabras para che dicir
o que polo meu corpo pasou
cando tan queimadiño te vin.
Eu so teño sombriiña para teu camiñar,
eu so teño folliñas para te abanicar,
pero non teño perniñas para escapar.
Ti so es meu montiño,
ti es mucho mais,
es ledicia dos meus ollos,
es alento do meu respirar,
es verse do meu xantar,
es tantas cousas meu queridiño,
que xamais remataría de falar.
Non tes perniñas para escapar,
pero eu teño ollinos para te visitar,
e si algún malnacido te quere queimar,
irei cara a dentro para te salvar,
loitarei co meu corpo,
rebentaran meus pes,
chamuscaranse os meus cabelos,
secarase a miña gorxa,
e a miña vida e esgotar
para te intentar salvar.
Amelia García Domínguez
Grupo Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"