Ventiño, ventiño do monte,
Ventiño, ventiño dos vales
as cantigas dos meus amores,
na fermosura dos meus lares.
Cantos recunchos van quedando atrás
cantos perdidos bicos fun deixando
canto daría por poder voltar
Para aquela inocencia dos meus anos.
Pero fun recorrendo longos camiños
coñecendo novas costumes e xentes
cruzando os sendeiros dos ríos
onde en cada recuncho se aprende.
Hoxe que sinto que se me vai o tempo
que xa latexa lento o meu fráxil corazón
quixera dicir por sempre sen medo
e poder gritar con toda a miña ilusión.
Que a paz do planeta sexa o referente
dun mundo seguro xusto e mellor
que poidamos cruzarnos coa xente
sen ter que sentir nin odio nin rancor.
E que poidamos mirar para o ceo
para contemplar a beleza das estrelas
e non as bombas que destrúen o nacer
da fermosura da vida sobre a terra.
Por iso ventiño, ventiño amigo
ti que cruzas mais ala dos mares
traédeme sempre no teu pico
esa noticia que espero tan grande.
Dime que solo se escoitan cantares,
os tronos dos foguetes das festas,
a música o sorriso e os bailes,
nas aldeas da nosa terra.
Que brille cada nova mañá o sol
sen esas bagoas de tristura
sen ter que sufrir a dor
dos que seguen vivindo con amargura.
E dáme fe sobre a morriña
a que senten todos os nativos
que nacen e viven na vila
mirando coma crecen os seus fillos.
Que non teñan que deixar atrás
os cementos das súas raíces
e poidan saudarse o pasar
demostrando que viven felices.
Amante Romero Álvarez
Grupo Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"