ESCRIBE, ANSELMO, ESCRIBE


Escribe, Anselmo, escribe,

mentres che dure o alento:

que o teu corazón non sinta,

ao que te chame bohemio,

 

Abra quen non comprenda,

nin a túa prosa, nin teu verso,

pero non deixes de escribir,

o que fabriquen os teus soños.

 

Escribe, Anselmo, escribe,

escribe o sangue e o lume,

todo o que levas na alma,

cos mais fermosos recordos.

 

Non pares de escribir Anselmo,

o que levas no pensamento,

que eu te espero para léelo,

ala no eterno ceo.

 

Vexo engurrado o teu pelexo,

pero non tremen as túas mans,

quéroche coma un irmán,

e mírome no teo mesmo pelexo.

 

Es coma un irmán,

lévoche no corazón,

e dende o ceo verei ao ancián,

que tanto fervor me mostrou.

 

Adeus amigo Anselmo,

adeus insigne escritor,

coa túa letra adornas a poesía,

ao cantar ao amor e a vida.

 

Que Deus guíe a túa sorte,

e ampare o teu destino,

que cando chegue a norte,

te leve polo bo camiño.

 

Francisco Otero Crespo

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.