VALORAR
As estrelas, migallas do firmamento,
ilusións, átomos do sentimento,
a vida, un exemplar fragmento,
partícula, dun volume extenso.
Sen harmonía, este texto
non existira,
o relevante do pequeno,
o importante do sinxelo.
As notas musicais
compoñen unha fermosa melodía,
os intres especiais,
a existencia danlle categoría.
O acento, distingue
o timbre de cada voz,
e cada verba marca
a pronunciación.
O bo, si e breve, dúas veces bo,
o malo, si e breve, moito mellor,
as miradas indefinidas
dos recen nacidos.
Os movementos
imprecisos e instintivos.
Valorar o verdadeiro
sen falsificación,
apreciar o sinxelo
con admiración.
Rosa Martínez Méndez
Grupo Poético Brétema
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"