OS TEMPOS

 

Maduraron os tempos,

mulleres de onte ¡alegrádevos!

a muller deste século

ten un posto de traballo.

 

Hoxe, meu canto e de ledicia,

por fin podemos berrar,

quero render homenaxe

as mulleres que xa non están.

 

Morreron nesta loita,

traballaron sen ser escoitadas,

nosas nais, nosas avoas,

noites, días… cheas de bagoas.

 

Recoñécense os seus feitos,

aínda que un pouco minguados,

muller, nai, avoa e filla

¡descansade! Xa esta acadado.

 

Estamos aquí neste centro

hoxe conmemorado,

as mulleres traballadoras

xa non as darán de lado.

 

Mulleres do noroeste

que me estades escoitando,

mulleres de orixe Celta

¡Non tedes xa que calarvos!

 

Eu que teño a ocasión

de ler estes meus versos,

quero renderlle homenaxe

as mulleres deste tempo.

 

Teresa Cariño Davila

Grupo Poético Brétema 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.