REFLEXION

 

Eu son, son esa que vou

 indo polo tempo,

mentres as inquedanzas

alugan no meu peito,

son esa que se engana,

un mande de erro tras erro,

de veces que dou coa testa

contra o mesmo penedo,

esfían das éntranas

cando eses males vexo,

que enredan polo mundo

e van medrando arreo,

e vou, da aquí e da alí

e collo, tráeo e levo,

e choro, rio, canto,

falo, recordo, esquezo

e volvo a reincidir

aquelo que non debo,

que,  que certo ese dicir

que so Dios e perfecto,

por estas corredoiras

de este burato inmenso,

entre erros e virtudes

que algo de todo levo,

eu son, e ti, e eu,

materia en movemento

minguando dia a dia,

por entre as mans do tempo,

eu son, que son? Quen son?

pregunto cando penso

e algo dende o meu intre,

ti es, e non es nada,

aínda que intentes selo.

 

Isaura Lago Álvarez

Grupo Poético Brétema

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.