CARTAS AO AMOR

 

Nestas tardes quediñas do mes de maio,

cando o arco da vella loce entre os campos,

mentres medran as flores polos valados,

e as nosas bolboretas voa danzando

déixame que che fale amor,

a verba mais fermosa que leva o dicionario

ai amor, amor magnitude de pensamentos

conxunto de paixóns, poemas inacabados

sorriso e tristura, bicos espontáneos

agarimos, dozura, humildade esperanza,

ti non te afastes amor

acóllete nas nosas casas,

alumea os corazón de aqueles que mandan,

sementa xustiza entre pobos e razas,

amor para os nenos, para aquel que agarda

a ese gato que temos, a ese can, a esa planta,

os pisquillos e as pombas, a esas rias e as praias

a esa nosa terrina que a levo na alma,

galiciña, Galiza, che de amor e de magoas

onde brilla seu nome como una noiva branca

neste dia de maio, que as súas verbas proclama

no teu folclore enxebre, dende vilas e prazas

dende pobos e aldeas, hasta o vento che canta

en amor liberdade un cantar a esperanza.

 

Isaura Lago Álvarez

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.