XUNTOS NO NOSO PARAISO

¡Amor! Quédanos pequeno o mundo
xa émos amado os escondidos recunchos
e agora as emocións
ocúltanse no noso refuxio.

Émos descuberto o limite do universo,
o lago azul das estrelas,
as portas que abren o ceo,
o ancho mar das sereas.

Xa non quedan amenas no labirinto,
émos cruzado os portais
e as pirámides do noso cariño,
séntense cheas de tanto amar.

¡Amor! Hai espellos nas nosas vidas,
unha luz enche de lume,
unha fogueira nas caricias
que nacen dos nosos bicos.

E nos evadimos ao pozo do desexo,
a cara oculta do sol,
as noites cheas de misterio
a lúa do noso amor.

Émos deluvado o arco iris
e a espiga que nos arrolou,
do noso espir se viste
xerminando en nos a flor.

Non quedan esferas valeiras,
a nora elevase ao ceo
e o círculo dos nosos sorrisos,
seguen preñados de soños.

Uníronse os lazos durmidos,
espertando na gota do alba,
acariciando os abanicos
que se enchen de gotas da iscarcha.

¡Amor! De océanos inmensos,
de pracidos mares de area,
de oasis dos desertos...
¡Amor! De tenrura e beleza.

Arrólanos a doce brisa,
na fantasía do noso cariño
a beira dese camiño,
que nosas miradas motiva.

Amante Romero Álvarez
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.