DIVERSIDADE

Desando os meus pasos
nunha peregrínase
aos anos da mocidade
camiño sen retorno.
Pasei as miñas quince primaveras
entre os muros de pedra
do colexio a nosa señora dos remedios
en pleno corazón da cidade Compostela.
O seguinte da peregrinase
levoume ata a Rúa Real,
na Porta do Camiño,
foron tempos de querer comer o mundo
e nese intento case que o mundo cómeme.
Logo chegaron aqueles nostálxicos
invernos de Santiago
en onde ata a choiva era arte,
aquelas tardes na rúa do Villar,
zumegaban amizade e ilusión xuvenil.
Moi preto, estaba a rúa do Frago
onde faciamos o Vía Cruces
nas tascas con viño branco.
Os xoves, día da feira,
iamos pasear pola alameda,
e pola noite, os tunos tunantes
lucían as cintas da súa capa estudantil.
Nas tardes solleiras da fin da semana
sentabamos na praza da Quintana
onde impertérrito ao longo do séculos
alzábase o pórtico da gloria.
Ata alí chegaban peregrinos
por doquier, as veces acompañados,
e desfrutade contemplando
as marabillosas esculturas
en pedras esculpidas
polo insigne mestre Mateo.
Velaí tedes os 24 anciáns
distribuídos en semicírculo
enchidos de vitalidade,
afinando as violas,
as arpas e os salterios.

Rosa María Vázquez Romay
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.