GALICIA FEITICEIRA

O aroma chegaba de lonxe,
envolto no feitizo do vento
coma si foira un “lamento”
de ledicia agarimosa e doce.

Alá, a beira da marisma
entre montañas e vales,
entre pobos e vilas...
entre ribeiras e mares.

E mentres o ronco de unha gaita,
espallada unha muiñeira,
coa música da nosa patria...
folclore da nosa terra.
Entre troula e sorrisos
a xente cantaba alegre,
a beira do polvo e viño,
ata o mesmo amañecer.

E non podía ser menos
que as raíces de esta Galicia,
onde a loita dos devanceiros
forxaron esta ledicia.

E quedei tan abraiado...
crendo que era o paraíso
cando descubrín o encanto
na terra do bo marisco.

Non fixen máis que escoitar
aquel vello tan intelixente
o que non paraba de contar
a historia tan recente.

E alí de curiosidade
escoitei aquela lenda,
que en Galicia a amizade
todos nacemos con ela.

Falaba de paraxes fermosos,
de pontes, ríos e mares,
a riqueza das súas fontes,
da morriña de pobos e cidades.

Contábao cheo de bagoas,
dende a tenrura de un galego,
que a súa tristura máis grande
e de que o pobo vai morrendo.

Que temos que volver a emigrar
nestes tempos tan modernos,
de onde non hai onde traballar
mentres se enche de vellos.

E as bagoas so deixan tristura
e un baleiro oco no corazón,
coa impotencia e amargura
de emigrar a outra nación.

Amante Romero Álvarez
Grupo Poético Brétema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.