CRUZANDO MÓS

Mós-trame o teu paisaxe,
Mós-trame os teus camiños,
Mós-trame a túa beleza,
Mós-trame os teus tesouros,
Mós-trame teu interior
Mós-trame como corre o río,
Mós-trame como se pon o sol,
Mós-tralle aos peregrinos
que existe un lindo concello
que se denomina Mós,
é un recuncho no camiño
en dirección a Santiago,
que lles ofrece un acougo
e os acolle con cariño,
sendo un lugar de repouso
antes de seguir o rumbo
para chegar a Santiago
para gañar o xubileo,
e darlle o abrazo ao Apóstolo
que espera con emoción
aos que veñen camiñando
de calquera parte do mundo,
algúns pasaron por Mós
que é un municipio de paso
segundo o tiñan pensado.
quen fixo o percorrido
e cruzou a terra de mós
nunca esquecerá este pobo
que lle deu seu agarimo.

Mariano Marcos de Abalo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.