GOSTAME PAROLAR CO VENTO
Gústame parolar co vento,
ollar a furia do mar en movemento,
e un encontro de grandes
sentimentos,
tras os vidrosa ollar a sarabia
na treboada,
batendo na fiestra e facendo
riadas,
polas corredoiras, camiños e
estradas.
Coma me abraia a natureza,
sol, chuvia, tempestade, vento
no noso camiñar de todo
levamos dentro.
No mes de Xulio dende Nigrán,
cando anoitecía, tras as illas
Cíes
ollábase o arco da lúa nova moi
baixa e escintilante,
preto dela estaba o primeiro
luceiro da noite os dous formaban
un cadro abraiante,
estaban tan achegadiños que mesmo
parecía que se ían bicar,
que magoa non puiden velos os
dous agocháronse no mar.
Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema


No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"