NADAL
(Non o tenista)

Cada ano se axunta
a familia moi unida
desexando celebrar
con ledicia este Nadal,
máis pode faltar algún
que se pode recordar
pois a vida é un vaivén
que cando quere che leva.
Brindemos os que aquí estamos
Lembrando aos que se foron
quen sabe se noutro mundo
celebrarán todos xuntos
a festa que imaxinamos,
só coa nosa ficción.
Comamos sempre de abondo,
bebamos, pero con xeito,
namentres aquí estamos,
nosa vida é un paseo
cando estamos neste mundo,
calquera día inesperado
nos din sen case avisarnos
que se acabou o camiño
que nos tiñan asignado.
Polo tanto compañeiros,
aproveitemos o tempo
que nos teñen concedido,
canto é non o sabemos.
Vivamos este Nadal
bailando e tamén cantando
sempre en boa compaña
repetindo para o ano
tódolos que aquí estamos.
Cantaremos panxoliñas
para recibir ao neno
nesta festa popular.

Mariano Marcos de Abalo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.