NA NOITE DOS TEUS OLLOS

No meu andar vou indo paso a paso
de cando en vez, mais lento no camiño
por eses treitos cheos de lembranzas
de tantos que xa non veñen comigo.

O vento que remexe entre os piñeiros
batía contra o inverno escurecendo
polos regos da chuvia van caendo
da miña soidade os meus suspiros.

Agárranme do peito as señardades
marchando ao meu carón, cal desafía
en desta dor de ausencia que me foi
coma ei de sosegarte meu sentido.

Aquel meu doce ollar onde te fuches
so abraias trala néboa acotío
de aquel estrelecer na miña vida
daquel lume de amor so queda frío.

Un tempo que me experta preguiceiro
pechándome a gaiola dos meus soños
encadeando feitos mergullados
seméntanme a desgana nos miolos.

Apártame cal fose un garabullo
e déixame sen grima o corpo todo
como unha folla mucha que rebola
vaime estibando o vento neste encoro.

Xeándome esta neve esta friaxe
nesta bola de lixo fedorento
onde o teu lume amor xa non atopo
na noite dos teus ollos
vou morrendo.

Isaura Lago Álvarez
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.