NUBES PENDURADAS

Nubes penduradas ao redor do ceo,
nubes grises e negras no inverno,
nubes brancas de algodón que
empurradas polo vento crébanse
e volven a xunguirse na loucura,
carreira do tempo.

Noite escura estrelecida
por unha sementeira
de estrelas floridas,
lapexan tremelucentes
no máis alto firmamento
escintilando todo o tempo.

De nova non me coñecía non tiña tempo
agora de maior voume coñecendo,
gústame moito ler para mais saber
e dos nosos grandes homes aprender
a historia e sentir a emoción
de levala na memoria.

Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema


No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.