POEMA DE NADAL

No momento de escribir estes versos
arrolada polo equinoccio de outono
un manto de algodón espállase
polo ceo.
Un brincadeiro sol semella xogar
ás agochadas,
aínda non vai frío
máis o ambiente invita
a ir preparando o fogar.

O primeiro de todo, o NADAL
tempo de familia, lembranzas e ilusións,
poder estar xuntos un ano máis
sabendo que é un agasallo
que por desgraza non sempre
vai durar.

Lembranzas para as/os que están lonxe, para as/os idos,
para aquelas/ es sen fogar.

Ilusións que non nos falten
para o ano a piques de comezar,
e ti e máis eu
eu e máis ti
unha mesa
e o noso pan
parece pouco cando o tes
pero se faltase…
non neste NADAL.

Rosa María Romay

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.