MONTES DE VIGO

Os montes mais fermosos de Vigo
son o Castro, a Guía e o Alba,
no Castro aínda se conservan
vivendas celtas dos nosos devanceiros,
dende o cume óllanse as illas Cies,
Cangas, Moaña e a ponte de Rande.

Dende o alto da Guía, vemos Teis o porto,
a ría e toda a cidade.

Subindo ao Alba a paisaxe e superior,
vese a ría de Baiona, e o Val Miñor
e toda a cidade de Vigo ao seu arredor.

No monte Tegra, que pertence a Garda,
hai un poboado celta moi ben conservado,
aínda se ollan casas de pedra
con palla no tellado.

Na Garda desemboca o río Miño no mar
e fai fronteira con Portugal.

En Tui está o Monte Aloia, que como
o nome de Medulio esta escrito na historia,
os galegos daquel tempo subiron ao monte
para fuxir dos romanos que
acurralados prefiren morrer que ser escravos,
eran fortes, teimudos e valentes,
polas súas fazañas quedaron
na memoria das xentes.

Candela Fernández Mouriño

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.