GÚSTAME PAROLAR CO VENTO

Gústame parolar co vento
ea furia do mar en movemento,
é un encontro de grandes
sentimentos.
Tras os vidros ollar a sarabia
na treboada,
batendo na fiestra e facendo
riadas polas corredoiras, rúas
e estradas.
Coma me abraia a natureza,
sol, choiva, neve, tempestade
e vento no noso camiñar
que todos levamos dentro.

Son unha árbore de fondas raíces,
que co paso do tempo ten moitas
cicatrices, o vento coma un furacán,
faino virarse para tódolos lados,
e ao amainar o vendaval,
érguese dereito xa se afixo ao temporal.

Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.