A COSTUREIRA

Costureira, costureira
que levas en equilibrio
a máquina na cabeza
visitando o domicilio
da xente que te reclama
para facer uns arranxos;
xa medrou a nena,
os pantalóns quedan curtos,
o camisón da avoa
necesita unhas mangas
pois chega a invernía
e a noite é moi fría.
A chaqueta do que medra
pasa para o irmán pequeno
e ten que ser amañada
para que pareza de estrea.
Cóseme este botón,
costureira querida
sen quitarme o chaquetón,
para ter a túa cariña
moi achegadiña a miña,
teu alento percibindo,
o que a min me marabilla,
pódeche roubar un bico
pois estas moi distraída
coa agulla e o fío,
e a túa man trema
sentindo con emoción
o estar a miña beira,
xa que coses sen coser
e a agulla sen enfiar,
mirándome tenramente.
Cose os meus pensamentos
con un fío imaxinario
cos teus íntimos desexos
fundindo os nosos espíritos.
Se vai consumindo a vida
como o fío no carrete.
Ponlle freo a manivela
para que ela non xire.


Mariano Marcos de Abalo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.