MARIANO

Cando pisa o escenario
non existe mais ninguén
axiña nos escandila
con ese algo que ten.
Debuxa con mestría
poeta, recitador
todo con esa destreza
cada cousa a fai mellor.
Pero é o non vai mais,
coa súa famosa queimada
onde nos fai rir a saco
nesa xenial carallada.
Vaian os meus parabéns
para este artista singular
Mariano Marcos de Abalo
xenio e figura, total.

Isaura Lago Álvarez

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.