HOMENAXE A MARIANO

Mariano, meu amigo, persoa polifacetica, poeta que sabe xogar coa graza popular do xenio dos diálogos e como ninguén durmira o xenio das nosas “linguas”.
A súa personalidade seria determinante na evolución creativa das súas obras artísticas.
Miniaturas, pergamiños, debuxos, heráldica, humor… Peza importante de “Brétema” “Grupo poético de Vigo” no que participa con entrega e voluntariedade en tódalas actividades dende os primeiros tempos da fundación a que pertencía.
Poeta, pintor, artista, neste día excepcional quérote homenaxear, desexarche longa vida de felicidade e de paz.
Non esquezas nunca a pluma, non a deixes esgallar, segue escribindo, pintando, coma ti sabes facelo, e realizando a Queimada espectáculo especial galego, recitando o conxuro.
“Mouchos, curuxas, sapos e bruxas…” que ti escribiches un día.


Pepita Novoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.