AMIGO MARIANO

Grandes son sempre as túas fazañas,
que ocultan, grandes proxectos,
onde co teu arte, convertes todo en maxia
de grandes soños.
Non importa o lugar onde te atopes,
porque es un gran cabaleiro,
demostras sempre dar un gran agarimo
a todo aquel que consideras un bo amigo.
Tes o don da pintura, e tamén da poesía,
cando a recitas con graza ata a xente lle da a risa,
tamén che gusta o teatro
eu penso Mariano que ti es un gran artista.
E non digamos, cando preparas a queimada,
e removéndoa sen tino, cantas o conxuro,
con tanta graza que a xente rompe a gargalladas
esperando que ti termines para poder beber a queimada. 
Es grande Mariano,
a túa sabedoría
perdurará no tempo,
perdurará na vida.

Carmen Darriba

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.