FESTA VECIÑAL

Fermoso día de setembro,
de Castrelos no seu parque,
que se esta a celebrar?
a festa da veciñanza.

Tódolos anos nas datas,
de mediados deste mes,
celébrase polo grande
festa de gran interese.

Xunto ós seus compoñentes,
veciñal asociación,
atópase neste Parque,
para dita celebración.
Gaiteiros, polbo, empanada,
con os chourizos ó viño,
fan as delicias da xente,
xunto cuns grolos de tinto.

Merecen este agasallo
as veciñas e veciños,
que traballan e non cobran
e danos seu agarimo.

Celebremos, pois a data
da veciñal reunión,
con mesa ben fornecida
para darnos unha panchada.
Se che fai mal o xantar,
non fagas reclamación,
pois que che foi ofrecido
coa mellor intención.

Manolo de Rinlo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.