QUIXERA

Quixera atravesar
a distancia que nos separa,
na sombra da noite.

Quixera esquecerte
percorrendo o tempo,
coma a hedra que trepa
máis alá do firmamento.

Quixera que voaras
coa forza do vento,
e quedaras pendurado na árbore
onde crecen os invernos.

Pero non podo, estou presa
da serpe do teu encanto
onde o manto da tristeza
acubíllame, nos teus brazos
e son feliz, nos meus soños
máis cando esperto, quixera,
que seguiras,
arrolando o meu corpo.

Carmen Darriba Amoedo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.